Esta foi a primeira Venus que tiven o pracer de debuxar. A pesar do seguro suspenso que me caeu no traballo, gustoume moito, demasiado debuxala. O tempo que tiven para facelo, as súas curvas, as sombras que a luz artificial lle daban a algo que parecía tan real e verdadeiro, aquelo maravillábame. Non son unha experta, é máis, todavía non cheguei ao nivel de principiante se falamos de debuxar, pero esforceime en facer todos e cada un dos detalles que tiven o pracer de observar. Encantoume. Mentres eu debuxaba, pensaba en música, esa grandísima e única fonte de inspiración que a min me serve de algo. Cada curva que debuxaba ben, era un instrumento máis que ía engadindo; cada vez que eu correxía esa curva, o instrmento perfeccionaba o seu traballo na canción. Rematei a Venus, ou, polo menos, deille un acabado a pesar de non estar totalmente rematada. E a canción resultande tiña varias cousas. Moito que mellorar, sí, pero non estaba tan mal como eu agardaba que acabara. Agora doume conta, fun capaz de xuntar o arte de escoitar co de debuxar. Creei dúas almas xemelgas. Son o mesmo, cada vez que miro ó debuxo, escoito esa canción. Cada vez que escoito esa canción, vexo o debuxo.
Non separemos o que unha mente perturbada foi capaz de crear.
.jpg)
pois foi todo un pracer leer o texto de apoio ao debuxo. ben mirado, tampouco está tan mal e conseguiches algo imprescindible para calquera afeccionado e estudante das artes plásticas: a paciencia da observación, o detenimento e o rastreo da mirada. Aprender a mirar e percibir a realidade dos fenómenos artísticos non é doado, seino, pero a paixón axuda moitísimo. gústame por certo a música. Vasme permitir roubarcha para a miña colección.
ResponderEliminarAh!, esquecíame!, non estás suspensa
sebas
Bueno tia, que decir, que muy bien, ojalá otros tuvieramos ese " don" que hace a uno dibujar, o garabatear bien xD por cierto, mi blog es http://cristian-garabatos.blogspot.com.es/
ResponderEliminar